Tour Mariña é unha iniciativa Turístico-Deportiva consistente nun circuito de carreiras con criterios de homoxeneidade relativos á época do ano, o perfil dos deportistas, distancias e zona xeográfica.
Ademais busca dar a coñecer a Mariña Lucense e todolos seus espectaculares paraxes a un gran número de participantes os cales crecen exponencialmente cada ano.
Os atletas teñen a posibilidade de participar en multitude de probas de poucos kilómetros de distancia entre diversas localidades.
Tamén poden participar nun formato Liga, na cal premiase aos primeiros e primeiras clasificadas en múltiples categorías, pero ademais recompénsase a constancia dos que disputan un mínimo número de probas entre todas as pertencentes ao circuito.