Os dorsais e os chips de cronometraxe entregaranse o día da proba (14 de setembro de 2024) dende as 17:00 h nos mostradores da Praza da Igrexa ata as 18:30 h. para as categorías inferiores e ata as 20:30 para a absoluta, xuvenil e andaina
INFORMACIÓN DE INTERESE
GARDARROUPA: Todos os corredores poderán facer uso do servizo de gardarroupa habilitado pola organización.
DUCHAS: Rematada a proba estarán á disposición dos participantes as duchas dos vestiarios do Pavillón Municipal de Deportes sito no Campo da Feira.
AVITUALLAMENTO: Ao remate das probas haberá zona de avituallamento para mitigar o cansazo.
APARCADOIROS: Zona de aparcadoiro no Campo da Feira, Rúa Benxamín Paz, e Rúa das Pedreiras.