Xul 23, 2018
Daniel Trigo e Ana Belén González Margaride adxudícanse a terceira edición da carreira nocturna Burela Bonita
Daniel Trigo e Ana Belén González Margaride foron os gañadores da carreira de 10 quilómetros dentro da terceira edición da carreira Burela Bonita, organizada polo Concello de Burela, e que se enmarca dentro do circuíto Tour A Mariña que promoven O Progreso e Championchip.
Daniel Trigo marcou en meta un tempo de 38.46 minutos, mentres que a segunda posición foi para Luís Manuel Graña (39.08) e a terceira, para Emilio Veiga (39.13)
Na proba feminina, Ana Belén González Margaride chegou a meta cun tempo de 38.46 minutos. En segundo lugar concluíu Ana Abuín (39.27) e a terceira praza foi para Carla Trillo (39.51).
O triunfo na carreira de 5 quilómetros foi para Simón González (15.50 minutos). En segundo lugar concluíu Jesús Curral (16.43) e en terceiro, Pablo Campo (17.02).
Karina Pasarín foi a vencedora na categoría feminina cun tempo de 19.26. No podio acompañáronlle María José Atadell (22.39), segunda, e Loli Piñeiro (23.05).
Na categoría sub 16 masculina venceu Anxo Edrosa (6.07), seguido de Guillermo García (7.22). Na feminina impúxose Ana Vallinas (6.06) seguida de Sabela Fernández (6.59) e Raquel Bravo (7.16).
Pepe Sánchez del Vallel anotouse a proba sub 14 masculina con 5.32. Acompañáronlle no podio Ian Méndez (5.45) e Anxo Ferreiro (5.51). Na categoría feminina venceu Ronsel Díaz (5.58) por diante de Carla Díaz (6.04) e Iria Otero (6.08).
Fabio Expósito (5.15) venceu na categoría sub 12 masculina, mentres que na feminina gañou Adriana Rebolo (4.22), que estivo acompañada no podio por Henar Méndez, segunda con 4.28, e Lourdes García, terceira con 4.34.
Por último, na categoría sub 10 masculina, vitoria para Noel Cayón (2.20), seguido en meta por Iago Longarela (2.22) e Brais Ulla (2.29). Na proba feminina venceu Lida Balseiro (2.24). A segunda posición logrouna Marta Díaz (2.37) e a terceira, Laura Edrosa (2.59).
En total, máis de 300 atletas, desde os pitufos ata os veteranos, gozaron dunha carreira con encanto, que contou entre os seus participantes coa coñecida xornalista deportiva Irene Junquera.
CIRCUÍTO A MARIÑA. A seguinte cita do Circuíto A Mariña será a Dobre Milla San Bartolo, que se celebrará en Xove o vindeiro domingo. A saída e a chegada da proba absoluta estará situada nas inmediacións do Centro Cívico, diante do Concello.
Desde alí partirán os corredores para cubrir unha distancia de 3.218 metros, dúas millas, polas rúas xovenses, antes de regresar ao momento de partida, onde tamén estará situada a meta. A saída terá lugar ás 12.45 horas. Antes, ás 12.00 horas, comezarán as competicións para menores.
O prazo de inscrición para esta competición está xa aberto e pode realizarse a través da páxina web www.championchipnorte.com. A delegación de Deportes xovense se garda a posibilidade de realizar algunhas inscricións no mesmo día da carreira, pero recomenda facela a través de interne