Gañadores por duplicado

Xul 30, 2018

Simón González Río e Zelin Spencer Conceiçao adxudícanse a primeira edición da Dobre Milla San Bartolo.

Simón González Río e Zelin Spencer Conceiçao foron os gañadores da primeira edición da Dobre Milla San Bartolo de Xove, disputada este domingo baixo a organización do Concello de Xove. A proba foi a cuarta que se enmarca dentro do Tour Mariña, que organiza O Progreso xunto a Championchip Norte, despois das celebradas na Pontenova, Foz e Burela.

Simón González cubriu os 3.218 metros da proba en 10.12 minutos, e tras el cruzaron a liña de meta Xián Rodríguez Ponte (10.35) e Cristian Expósito Campos (10.41). Ás portas do podio quedaron Víctor Manuel Fernández García (10.42) e Aarón Rivas Terrón (10.50).

Na categoría feminina, Zelin Spencer cruzou a meta cun tempo de 12.13 minutos. Estivo acompañada no podio por Ana Belén González Margaride (12.24) e por Carla Trillo Fernández (12.37). A cuarta posición foi para Karina Pasarín Mon (12.53), e a quinta, para Rosalía Rodríguez- Gigirey Villar (13.35).

O podio na categoría sub 16 masculina ocupárono: Pablo Fernández Díaz (5.37), Marcos Rivas Sobrado (5.39) e José María Sánchez Díaz (5.49). Na feminina impúxose Luci Sánchez del Valle Verge (6.17) por diante de Hiba Bouyzar (8.30).

 

Manuel Rodríguez García gañou en sub 14 (5.27) por diante de Pepe Sánchez del Valle Verge (5.28) e Daniel Fernández Leal (5.36).

Xabier Rodríguez Edrosa impúxose na categoría sub 12 con 2.49, mentres que Mateo do Barrio Gómez foi segundo (3.16) e Miguel Fra Baltar, terceiro (3.46). Na proba feminina gañou Henar Méndez Piñeiro (3.10), seguida de Lourdes García Arruñada (3.13) e Carolina García González (3.18).

O podio na categoría sub 10 masculina ocupárono: Leandro Lopes Spencer (1.27), Brais Ulla Rozas (1.28) e Iago Longarela Graña (1.30). Na feminina impúxose Carla Allegue Branco (1.27), seguida de Lida Balseiro Rodríguez (1.31) e de Mariña Esmorís Varela (1.33). Ademais das carreiras, celebrouse unha andiana popular de 5.000 metros.

A próxima cita do Tour Mariña será o vindeiro domingo, día 5 de agosto, con motivo da disputa da sexta Carreira Popular Benquerencia Terra e Mar.