Espectáculo en Benquerencia a beiras do mar

Ago 06, 2018

Óscar Buján e Paula Mayobre adxudicáronse a vitoria na sexta edición da carreira popular Benquerencia Terra Mar.

 

Óscar Buján e Paula Mayobre foron os gañadores na categoría absoluta da sexta edición da carreira Benquerencia Terra Mar disputada o domingo no municipio mariñán de Barreiros.

A proba foi a quinta que se enmarca dentro do Tour Mariña, que organiza o Grupo O Progreso xunto a Championchipnorte, despois das celebradas na Pontenova, Foz, Burela e Xove.

Óscar Buján foi o primeiro en cruzar a meta tras 7.300 metros de percorrido, que completou cun tempo de 24.15 minutos. Tras el cruzaron a meta Simón González (25.07) e Delio Val (26.08). En categoría feminina a triunfadora foi Paula Mayobre cun tempo de 25.38 horas, e completaron o podio Zelin Spencer (30.14) e Ana Belén González Margaride (30.36).

O podio de categoría cadete masculina ocupárono Pablo Fernández Díaz (9.22), José María Sánchez (9.39) e Ernesto Corbelle (9.45). Na feminina a gañadora foi Noelia Sánchez López (9.50), quedando en segundo e terceiro lugar Nerea Lage (10.07) e Luci Sánchez del Valle (10.36), respectivamente.

Na modalidade infantil masculina a vitoria levoulla Pepe Sánchez del Valle (5.40), e completaron o caixón Teshome Hermida (5.50) e Jarno Pousada (5.51). En infantil feminino a primeira foi Valeria Guiridi (6.17), mentres que Carla Díaz (6.30) e Iria Otero (6.31)foron segunda e terceira respectivamente.

En alevín masculino impúxose Xabier Rodríguez cunha marca de 6.06, ao que lle seguiron Hugo Domínguez (6.07) e Hugo López (6.42). No apartado feminino a vitoria foi para Adriana Rebolo (6.50), a quen acompañou no podio Henar Méndez (6.59) e Lourdes García (7.05).

 

O podio na categoría benjamín masculina ocupárono Angel Sánchez (3.02), Leandro Lopes (3.11) e Iago Longarela (3.11). Na feminina o caixón foi para Lida Balseiro (3.15), Alba Chacón (3.17) e Carlota Mella (3.18).

Os vencedores en prebenjamín masculino foron Pedro Moirón (1.20), Martín Ernau (1.21) e Víctor Martinez (1.22). Na modalidade feminina Amina Bouyzar (1.27) Sama Aller (1.35) e Irene Ron (1.35).

PRÓXIMA CARREIRA. A próxima cita do Tour Mariña celebrarase o vindeiro venres día 10 de agosto en Viveiro (22.30 horas) na carreira nocturna Adry Ben, que posúe un percorrido de cinco quilómetro. O nome da proba adxudicouse en homenaxe ao atleta mariñán Adrián Ben, que nestes momentos atópase en Berlín para disputar o campionato de Europa de atletismo, no que competirá na disciplina dos 1.500 metros.