Viveiro vive a súa gran noite

Ago 13, 2018

Simón González e Lucía Morais conseguen a vitoria na carreira popular da localidade mariñá.

Os atletas Simón González e Lucía Morais fixéronse coa vitoria na carreira popular de Viveiro, proba que corresponde ao circuíto Tour A Mariña e que organizan Championchip e O Progreso e que se converteu tamén nunha recoñecemento ao atleta local Adrián Ben, que acaba de participar esta semana nos Europeos de Berlín.

Simón González chegou á meta cun tempo de 15.57 minutos, e estivo acompañado no podio por Antonio Amilcar cunha marca de 16.56 minutos e por Cristian Expósito cun tempo de 17.13 minutos. Mentres, Lucía Morais foi a mellor na competición feminina cunha marca de 17.38 minutos, por diante de Carla Trillo (20.05 minutos) e Karina Pasarín (20.11 minutos).

Na categoría sub 16-14 masculino impúxose Marcos López (6.38 minutos) a Antonio Barredo (6.48) e Pepe Sánchez (6.50), en tanto que na competición feminina venceu Valeria Batire (7.31 minutos), por diante de carla Díaz (7.59) e Inés López (8.01).

Xa na categoría sub 12, Ignacio García foi o gañador con 5.07 minutos, seguido por Antonio Regal (5.12) e Álvaro González (5.13); e na competición feminina gañou Henar Méndez (5.14 minutos), por diante de Adriana Rebolo (5.17) e Lourdes García (5.28).

Finalmente, na categoría sub 10 impúxose Anxo Sánchez (2.22 minutos), por diante de Iago Longarela (2.27 minutos) e Celso Arango (2.35 minutos), mentres que na competición feminina gañou Rebeca Pere (2.26), seguida por Carla Allegue (2.29) e Lida Balseiro (2.30 minutos).