Ago 20, 2018
Simón González Río e Ana Belén González Margaride levaron a victori na carreira popular nocturna Rinlo-Ribadeo. que está incluído no circuíto Tour Mariña, que organizan O Progreso e Championchipnorte.
O atleta burelense Simón González Río impúxose na II carreira nocturna Rinlo-Ribadeo, que é a oitava do circuíto Tour Mariña que organizan O Progreso e Championchipnorte. Esta é a súa terceira vitoria consecutiva, tras as obtidas a semana pasada en Viveiro e Foz. O seu dominio foi incontestable e gañou cun tempo de 29.10 por diante de José Luis Álvarez e Noel Fernández. Na categoría feminina impúxose Ana Belén González Margaride.
No que se refire ás categorías de menores, os gañadores coñecéronse antes xa das 20.30 horas. En alevíns impúxose Xabier Rodríguez con 1.56 minutos, cun segundo de vantaxe sobre Martiño Salgado e catro sobre Miguel Fernández. Na categoría feminina gañou Julia Fernández cun tempo de 2.02 minutos cunha vantaxe de dous segundos sobre Xiana Ulloa e de catro sobre Adriana Rebolo.
En benxamín masculino venceu Iago Longarela cun tempo de 1.05, e cun segundo de vantaxe sobre Óscar García e dúas sobre Daniel Martínez. En mulleres gañou Sara Otero cun tempo de 1.07 con dous segundos de vantaxe sobre Lida Balseiro e sete sobre Violeta Loredo. En categoría prebenjamín gañou Carlos Ernau cun tempo de 13 segundos sen apenas vantaxe sobre Pedro Moirón e Néstor Lombao, que foron segundo e terceiro. Na proba que reunía aos cadetes e infantís impúxose Pedro Fernández, cun tempo de 9.23 minutos por diante de Pablo Fernández, a un segundo, e Aitor Fernández, a 12.
A novena proba do Circuíto Tour Mariña terá lugar o vindeiro domingo día 26 coa celebración da segunda edición da Milla popular urbana Concello de Lourenzá. A competición comezará ás 10.30 horas coa participación dos máis pequenos e a partir de aí será a quenda para as categorías de prebenjamín feminino (10.40 horas), probenjamín masculino (10.45 horas), benjamín feminino (10.50 horas), benjamín masculino (11.00 horas), alevín feminino (11.10 horas), alevín masculino (11.20 horas), infantil feminino e masculino (11.40 horas), cadete, xuvenil e promesa masculino e feminino (11.50 horas), sénior e veteranos feminino (12.00 horas) e sénior e veteranos masculino (12.15 horas). Os interesados poden inscribirse a través da páxina web www.championchipnorte.com.