A Run Foz Run, un espectáculo que non cesa

Ago 13, 2018

Simón González e Erea Rodríguez cóanse no máis alto nesta carreira, a sétima proba do Toru Mariña, que impulsa O Progreso.

Simón González e Erea Rodríguez proclamáronse os gañadores na categoría absoluta da carreira Run Foz Run, a sétima proba do circuíto Tour Mariña, impulsado polo grupo O Progreso e a firma Championchipnorte, despois das xa celebradas na Pontenova, Foz, Burela, Xove, Benquerencia e Viveiro.

O primeiro en cruzar a liña de meta tras percorrer os 7.000 metros da proba absoluta foi Simón González, que parou o cronómetro en 24.07 minutos. O segundo foi Esteban Igrexa cun tempo de 24.33, mentres que o terceiro posto adxudicoullo Antonio Perea tras cruzar a meta en 24.38 minutos.

Na categoría feminina a primeira en finalizar a proba foi Erea Rodríguez, cun tempo de 28.41 minutos. Tras ela finalizaron a proba Carla Trillo, que finalizou segunda cun tempo de 29.36, e Silvia Mª García, que se levantou á terceira posición ao finalizar o percorrido en 30.02.

O podio na categoría infantil masculino ocupárono Pepe Sánchez del Valle, cun tempo de 5.16 minutos, Pablo Hernández, cun tempo de 5.17 e Teshome Hermida, que parou o cronómetro nos 5.28 minutos. No apartado feminino, Paula Rodríguez levou a vitoria ao pasar a liña de meta en 5.48 minutos, moi preto dela finalizou Valeria Batire Guridi, que asinou un tempo de 5.49. O terceiro posto na proba levoullo Claudia Treviño, que finalizou a proba de 1.500 metros nun tempo de 5.56 minutos.

Na categoría alevín masculino a proba estivo bastante disputada. Diego Suárez conseguiu levar a medalla de ouro tras marcar un tempo de 3.17, mentres que Xabier Rodríguez levou a prata ao cruzar a meta aos 3.18. Ao terceiro lugar do podio subiuse Santiago Olalla, que completou a proba de 1.000 metros nun tempo total de 3.36 minutos.

No alevín feminino a gañadora foi Carlota López, cun tempo de 3.38. En segunda posición chegou Henar Méndez, que realizou a proba en 3.42, mentres que o terceiro posto levoullo Lourdes García, cun tempo de 3.45 minutos.

O benjamín masculino foi unha das máis igualadas. Coparon o podio Anxo Sánchez, que asinou un tempo de 2.35, Pedro López- Leiton, que finalizou a carreira en 2.37 e Guillermo Barbeiro, que atravesou a meta en 2.38.

Doutra banda, no benjamín feminino, as tres primeiras clasificadas foron Rebeca Perea, cun tempo de 2.45 minutos, Lida Balseiro, que realizou os 800 metros de proba en 2.46, e en terceira posición Alba Vizoso, que cruzou a liña de meta en 2.56.