Repóker de triunfos para Simón González

Out 02, 2018

O atleta burelense imponse na carreira Mondoñedo Monumental e logra a súa quinta vitoria consecutiva no circuíto Tour Mariña . A vilalbesa Zelin Spencer supera a Carla Trillo na categoría feminina.

O atleta burelense Simón González Río gañou a Carreira Popular Mondoñedo Monumental e certificou o seu dominio nas probas do circuíto Tour Mariña 2018, organizado polo Progreso e Championchip Norte, ao impoñerse no últimas cinco competicións. González Río cubriu os 4.900 metros do percorrido pola contorna do centro urbano mindoniense nun tempo de 15.56 minutos. Sacoulle unha vantaxe de 34 segundos ao xixonés Máximo Cordeiro, que foi segundo. A continuación chegaron Martín Pardiñas Díaz e José Luis Valiña Méndez, ambos cun crono de 17.10.

Zelin Spencer (Club Atletismo Vilalba) venceu na categoría feminina, por diante da burelense Carla Trillo, primeira clasificada do circuíto Mariña Tour. A gañadora fixo un tempo de 19.11 minutos, cunha vantaxe de 17 segundos sobre a segunda clasificada. A pontenovesa Ana Belén González Margaride (Club Fluvial) ocupou o terceiro posto.

Raúl López Díaz (CD Rábade) chegou primeiro na categoría sub20, seguido de Sergio Peteira. Yago Freije foi terceiro. María Carballido e Vanesa Branco, ambas as do Atletismo Friol, foron primeira e segunda en sub20 feminino, por diante de Eva Freire (Castro de Rei).

O barreirense Álex Vilalba Loredo logrou a primeira praza en Veteranos A (de 35 a 44 anos), por diante de Juan Luís Méndez (Atletismo Lourenzá) e Pablo Díaz Atanes (CD Rábade). En mulleres conseguiu o triunfo Ana Belén González Margaride, seguida de Mónica Neves ( Escairón) e María José Trastoy (Atletismo Vilalba).

Máximo Cordero (CD HC Xixón) e José Luis Valiña Méndez ( Verxel Nutrición de Lugo) foron primeiro e segundo en veteranos B (de 45 a 54 anos). En terceira posición chegou o begontino José Ulla Rocha. En mulleres, a vitoria foi para Rosa Mary González, que superou a Rocío Díaz e Pili Rozas. As tres primeiras prazas do podio de Veteranos C (a partir de 55 anos) foron para José Ramón Rey (Begonte), Luís Fernández Veiga ( Verxel Nutrición de Lugo) e Manuel Ángel Otero. A primeira en mulleres foi Rosa Rodríguez García.

CATEGORÍAS INFERIORES. Iago Longarela Graña (Club Atletismo Lourenzá) quedou primeiro en sub10, sobre unha distancia de 800 metros, seguido de Mateo Villar Miragaya (Atletismo Friol) e Leandro Lopes Spencer (Atletismo Vilalba). En mozas impúxose Carla Allegue ( Escola Atlética Lucense), por diante de Lida Balseiro (Atletismo Lourenzá) e Carla Cotón Prado ( Tri Penta Terras de Lugo).

A vitoria en sub12 correspondeulle a Mateo Aguiar do Río (Atletismo Friol), O percorrido nesta categoría era de 1.600 metros. As outras prazas do podio correspondéronlle Carlos Docampo Igrexas (Atletismo Lourenzá) e Ramón Loureiro Fraga (Atletismo Friol). A mindoniense Iria Rodríguez Ares (Atletismo Lourenzá) foi profeta na súa terra ao gañar o sub12 feminino, ao superar a Henar Méndez Piñeiro (Atletismo Lourenzá) e Aldara Ceide Couce ( Escola Atlética Lucense).

Manuel Rodríguez (Atletismo Lourenzá) venceu con claridade en sub14, por diante de Cosme Viana Valiña ( Escola Atlética Lucense). Carla Díaz Pardo ( Lucus Caixa Rural) gañou en mozas, seguida da súa compañeira de equipo Ronsel Díaz e de Valeria Guridi ( Millarao de Santiago). O podio en sub16 tivo cor mariñá, ao impoñerse Pablo Fernández e Noel Villarabide Varlea, do Atletismo Ribadeo. Terceiro foi Anxo Edrosa (Atletismo Friol). En sub16 feminino adxudicouse a vitoria Noelia Sánchez López (Atletismo Friol), seguida de Nerea Lage Gil (Atletismo Lourenzá) e Ainara Rodríguez Ares ( Viclaumaia). Os atletas destes tramos de idade correron 2.400 metros.

O circuíto Tour Mariña péchase o vindeiro domingo coa carreira Val dás Fabas de Lourenzá.